Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 14 de novembro de 2003 Páx. 14.118

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (282/1997-A).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia número un da Coruña fai saber que nos autos que

a continuación se dirán consta dictada a sentencia, co encabezamento e a resolución do teor literal seguinte:

«Sentencia.

A Coruña, trinta e un de xullo de dous mil un.

Javier San Claudio Piñón, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número un dos da Coruña; vistos estes autos de xuízo declarativo de menor contía, número 282/1997-A, ós que foron acumulados os autos de menor contía seguidos no xulgado de igual clase número 6 desta cidade co número 499/1997 e os seguidos no xulgado de igual clase número 9 desta cidade co número 387/1999, todos eles promovidos por instancia de Emilia Iglesias Díaz e, na súa representación, o procurador dos tribunais Ignacio Espasandín Otero e, na súa defensa, o letrado Federico Novo Prego, contra Purificación Iglesias Díaz, Com. Hereditaria de Dolores Iglesias Díaz, e José-Eladio Piñeiro Iglesias, os primeiros, e contra Antonio Capelán Becerra, representado pola procuradora Paloma Rodríguez Puente, e defendido polo letrado Manuel Gómez Corredoira, e contra Pilar Casas Pombo, declarada en rebeldía, os autos acumulados número 499/1997; e contra María del Carmen Villanueva Iglesias e herdeiros de Socorro

Iglesias Díaz, declarados en rebeldía, os autos acumulados 387/1999, sobre acción de división de cousa común e resolvo que, desestimando integramente as tres demandas acumuladas interpostas polo procurador Sr. Espasandín Otero, na representación de Emilia Iglesias Díaz, absolvo a Purificación Iglesias Díaz, Julia Piñeiro Iglesias, José Eladio Piñeiro Iglesias, Antonio Capelán Becerra, Pilar Casas Pombo e María del Carmen Villanueva Iglesias, das pretensións exercitadas, con imposición de custas á demandante.

Notifíqueselles esta resolución ás partes con indicación de que contra ela e de acordo co previsto no artigo 455 da LAC cabe recurso de apelación que e preparará ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E expido este edicto para que lles sirva de notificación en legal forma ós demandados rebeldes.

Dado na Coruña o un de abril de dous mil dous.

O secretario

Rubricado