Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 14 de novembro de 2003 Páx. 14.117

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 11 de novembro de 2003 pola que se resolve a convocatoria pública, para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Con

sellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, por Orde do 6 de outubro de 2003 (DOG nº 201, do 16 de outubro), en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, esta consellería dispón resolve-la citada convocatoria de acordo cos seguintes apartados:

Primeiro.-Adxudicarlles destino nos postos de traballo que se indican ós/ás funcionarios/as que se relacionan no anexo da presente orde.

Segundo.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data na que debe cesar no seu destino o funcionario está desfrutando un período de licencia, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ó da súa incorporación.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidad, de conformidad co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

Terceiro.-A xefatura do centro no que cause baixa o funcionario, así como a daquel no que obteña praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión das que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición perante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnarla directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xuridicción contencioso-administrativo.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

-NRP: 35.425.723.46 A2073.

Grupo: B.

Apelidos e nome: Tanoira Picallo, José Manuel.

Posto de traballo: xefe do Servicio de Prevención de Riscos Laborais.

Nivel: 28.

Código posto: PR.C02.00.004.15770.026.

Centro de destino: Secretaría Xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.

-NRP: 07.770.215.57 A205H.

Grupo: B.

Apelidos e nome: Mediavilla Cañibano, Jesús.

Posto de traballo: xefe do Servicio de Análise e Programación.

Nivel: 28.

Código posto: PR.C05.00.001.15770.006

Centro de destino: Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos.

Localidade: Santiago de Compostela.

-NRP: A45EC3261365802.

Grupo: B.

Apelidos e nome: Vilariño Anca, José Manuel.

Posto de traballo: xefe do Servicio de Coordinación Administrativa.

Nivel: 28.

Código posto: PR.C99.30.000.15350.001.

Centro de destino: Oficina da Xunta de Galicia (Ferrol).

Localidade: Ferrol.

-NRP: 35.909.692.02 A2051.

Grupo: B.

Apelidos e nome: Rolland Andrade, Antonio.

Posto de traballo: xefe do Servicio Coordinación Administrativa.

Nivel: 28.

Código posto: PR.C99.40.000.36560.001.

Centro de destino: Delegación Pontevedra-Vigo.

Localidade: Vigo.

-NRP: 33.199.137.68 A2055.

Grupo: E.

Apelidos e nome: Otero Sierra, Antonio.

Posto de traballo: porteiro maior.

Nivel: 14.

Código posto: PR.P01.00.001.15770.103.

Centro de destino: Secretaría Xeral da Presidencia (Complexo Residencial Monte Pío).

Localidade: Santiago de Compostela.