Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 14 de novembro de 2003 Páx. 14.119

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

EDICTO (313/1995-E).

Por telo acordado o maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous da Coruña nos autos número

313/1995-E, seguidos por instancia do Real Club Deportivo da Coruña SAD, contra Jorge Otero Bouzos, en providencia do día de hoxe anúnciase a venda en poxa pública que terá lugar o día 30 de xaneiro de 2004, ás 9.30 horas na sala de audiencia deste xulgado, sito no primeiro andar do edificio dos xulgados; rúa Monforte nº 1 da Coruña, e no Xulgado do Social de Vigo, dos seguintes bens:

Primeiro.-Urbana 66831, vivenda A, situada no cuarto andar do edificio sinalado co número 17, actualmente 27, entre as rúas Tarragona e Barcelona, en Vigo, leva como anexo un rocho situado no faiado, que se identifica coa súa mesma denominación.

Valorada para a poxa en 98.166,65 euros.

Segundo.-Urbana 66843/g.13 e 14: prazas de garaxe 13 e 14, situadas no soto segundo ou intermedio do edificio con fronte ás rúas Tarragona e Barcelona, actualmente número 27, en Vigo.

Valorado para a poxa en 22.838,46 euros.

O prego de condicións e requisitos para tomar parte na poxa están expostos no taboleiro de anuncios deste xulgado, no do Social de Vigo, e no concello.

E para a súa publicación no DOG, expido e asino este edicto.

A Coruña, 16 de outubro de 2003.

Jaime Balado Yáñez

Secretario xudicial