Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 13 de novembro de 2003 Páx. 14.057

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (572/2003).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 572/2003 por instancia de Juan Carlos Fariña Blanco contra Talleres Abella, sobre despedimento nos que recaeu sentencia con data do 16-10-2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido que estimando a demanda promovida por Juan Carlos Fariña Blanco contra a empresa Talleres Abella debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á demandante en data 6-6-2003 condenando a demandada a que no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opte entre a readmisión do traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento ou o aboamento da cantidade de 14.152,69 A en concepto de indemnización e o aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata esta resolución, que a día de hoxe ascenden a 4.953,52 A.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, é indispensable que ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba diante deste xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado na conta, aberta en Grupo Banesto (Banco Español de Crédito, S.A. e Banco de Vitoria, S.A.), co número 5605 0000 60 0572 03, a cantidade obxecto de condena, poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non se poderá ter por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberase consignar, ademais, a cantidade de 150,25 A na mesma conta 5605 0000 65 0572 03 e entrega-lo xustificante na secretaría ó

tempo de interpoñe-lo recurso, que se declarará desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada. Definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa Talleres Abella, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, 16 de outubro de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado