Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, da fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 491/2003, por instancia de Carmen Suárez de la Iglesia contra Pull Universal, S.L. e Albastros Class, S.L., sobre despedimento nos que recaeu sentencia con data do 16-10-2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:
Decido que, estimando a demanda promovida por Carmen Suárez de la Iglesia contra as empresas Pull Univesal, S.L. e Albastros Class, S.L. debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á demandante con data 30-4-2003, condenando a demandada a que no prazo de cinco días contado desde a notificación desta resolución, opte entre a readmisión da traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento ou o aboamento da cantidade de 12.415,77 euros en concepto de indemnización e ó aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata esta resolución, que a día de hoxe ascenden a 5.293,74 euros.
Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito; é indispensable que, ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba diante deste Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado na conta, aberta en Grupo Banesto (Banco Español de Crédito, S.A. y Banco de Vitoria, S.A.), co número 5605 0000 60 0491 03, a cantidade obxecto de condena, poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non se poderá ter por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberase consignar, ademais, a cantidade de 150,25 A na mesma conta 5605 0000 65 0491 03 e entrega-lo xustificante na secretaría ó
tempo de interpoñe-lo recurso, que se declarará desistido de non constituírse este depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.
E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva
de notificación á empresa Pull Universal, S.L. e Alabatros Class, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 16 de outubro de 2003.
A secretaria xudicial
Rubricado