Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 13 de novembro de 2003 Páx. 14.056

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (39/2003).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, da fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 39/2003, por instancia da Juan Francisco Centoira Freire contra Construcciones Fergama, S.L., sobre cantidade, nos que recaeu sentencia con data do 16-10-2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido que, estimando a demanda promovida por Juan Francisco Centoira Freire contra Construcciones Fergama, S.L. debo condenar e condeno a demandada a que aboe á demandante a cantidade de 6.224,22 euros por tódolos conceptos reclamados en demanda.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito; é indispensable que ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba diante deste xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado na conta, aberta en Grupo Banesto (Banco Español de Crédito, S.A. y Banco de Vitoria, S.A.), co número 5605 0000 60 039 03, a cantidade obxecto de condena, poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non se poderá ter por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberase consignar, ademais, a cantidade de 150,25 euros na mesma conta 5605 0000 65 039 03 e entrega-lo xustificante na secretaría ó

tempo de interpoñe-lo recurso, que se declarará desistido de non constituírse este depósito na forma indicada.

Definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa Construcciones Fergama, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, 16 de outubro de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado