Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 13 de novembro de 2003 Páx. 14.058

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DE SANTANDER

EDICTO (153/2003).

Cédula de notificación.

Eloísa Alonso García, secretaria xudicial do Xulgado do Social número catro de Santander, fago saber que no procedemento de execución 153/2003 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Benito García-Lago Velarde contra a empresa Seguranza Norte, S.L., sobre ordinario, dictouse a seguinte parte dispositiva:

«En atención ó exposto, acórdase:

A) Declara-lo executado Seguranza Norte, S.L., en situación de insolvencia total con carácter provisional por importe de 1.070,32 euros. Insolvencia que se entenderá, para tódolos efectos, como provisional.

B) Arquiva-las actuacións logo de anotación no libro correspondente, e sen prexuízo de continua-la execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

Notifíquese este resolución ás partes e ó Fondo de Garantía Salarial, advertíndose que, fronte a esta, cabe recurso de reposición no prazo de tres días hábiles ante este xulgado. E unha vez firme, fágase entrega de certificación á parte executante para que produza efectos ante o Fondo de Garantía Salarial.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Seguranza Norte, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no BOP.

En Santander, 6 de outubro de 2003».

Advírteselle ó destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, agás as que revistan forma de auto ou sentencia, ou se trate de emprazamento.

A secretaria xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA