Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 13 de novembro de 2003 Páx. 14.058

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2003 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a subministración dunha plataforma híbrida de almacenamento masivo-arquivador NAS+SAN para a Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos.

1. Obxecto.

Contratación da subministración dunha plataforma híbrida de almacenamento masivo-arquivador

NAS+SAN para a Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos.

2. Orzamento de licitación.

90.056,62 euros, IVE incluído.

3. Prazo de execución.

O prazo de execución máximo será de 40 días contados a partir da firma do contrato.

4. Documentos de interese para os licitadores.

A documentación poderá examinarse na Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita na Casa da Radio, s/n, San Caetano, en Santiago de Compostela.

As copias da documentación poderán solicitarse en Copy Nino, rúa Xeneral Pardiñas, 2, 15701 Santiago de Compostela, teléfono: 981 58 89 38, mediante o aboamento do importe que corresponda.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=3288

5. Fianza provisional

1.081,13 A.

6. Fianza definitiva.

4% do orzamento de adxudicación.

7. Modelo de proposición.

O que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Prazo de presentación de proposicións.

As proposicións terán que presentarse, en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión de proposicións rematará ás catorce horas do día que resulte ó contar 15 días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

No exterior dos sobres expresarase o seguinte texto:

«Proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública da Xunta de Galicia para a contratación da subministración dunha plataforma híbrida de almacenamento masivo-arquivador NAS+SAN para a Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, que presenta D./Dona... en nome... (propio ou da entidade que representa)».

9. Apertura de proposicións.

En acto público, na sala de xuntas da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, a partir das 13.00 horas do día que resulte de contar 11 días naturais a partir do día seguinte ó do remate de presentación de proposións que non coincida nin en sábado nin en festivo.

O importe do anuncio relativo ó presente concurso será por conta do adxudicatario, que deberá aboalo con anterioridade á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2003.

P.D. (Orde 18-12-2001)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia,

Relacións Institucionais e Administración Pública