Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 11 de novembro de 2003 Páx. 13.927

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

EDICTO (223/2003).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, da fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 223/2003 por instancia de Roberto Canosa Huerga e outro contra Herculsegur, S.A.L., sobre salarios, nos que recaeu sentencia con data do 14-10-2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando a demanda promovida por Roberto Canosa Herga e Antonio Losada Vázquez contra a empresa Herculsegur, S.A.L., debo condenar e condeno a demandada a que aboe os demandantes, por tódolos conceptos reclamados en demanda, as cantidades seguintes: a Roberto Canosa, 1.427,66 euros e a Antonio Losada, 3.710,11 euros.

Así, por miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, é indispensable que, ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba ante este xulgado do social

o comprobante de ter depositado na conta aberta en Grupo Banesto (Banco Español de Crédito, S.A. y Banco de Vitoria, S.A.), co número 5.605 0000 60 0223 03, a cantidade obxecto de condena, poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non se poderá ter por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberase consignar, ademais, a cantidade de 150,25 euros na mesma conta 5.605 0000 65 0223 03 e entrega-lo comprobante na secretaría ó tempo de interpoñelo recurso, que se declarará desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada. Definitivamente xulgado en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia con fin de que sirva de notificación á empresa Herculsegur, S.A.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 14 de outubro de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado