Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 11 de novembro de 2003 Páx. 13.926

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (449/2003).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 449/2003 seguidos por instancia de Carlos Alberto Pazos Fariña contra SUC Noroeste Servicios, S.L. e Fogasa, sobre reclamación de cantidades, a maxistrada xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 6 de outubro de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, estimando a demanda presentada por Carlos Alberto Pazos Fariña, debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibi-la cantidade de 2.339,69 euros polos conceptos que se expresan no feito probado segundo esta resolución, e nese sentido debo condenar e condeno a empresa SUC Noroeste Servicios, S.L. a que estando e pasando por tal declaración lle aboe ó demandante a cantidade de 2.339,65 euros en concepto de salarios e liquidación.

E debo absolver e absolvo a Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que en contra da dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anuncia-lo

seu avogado ou representante legal designado para o efecto, perante este xulgado, no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, por comparecencia ou por escrito das partes. É posible o anuncio por mera manifestación de parte recorrente ó ser notificada, e será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá ademais, acreditar, ó anuncia-lo recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no BBV, conta nº 5602-60, e que se pode substituír polo aseguramento mediante aval bancario, coa constancia de responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e na calidade de depósito, nun impreso separado do importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa SUC Noroeste Servicios, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido en Ronda de Outeiro, 32, baixo centro, 15009 A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 6 de outubro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado