Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 11 de novembro de 2003 Páx. 13.926

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DA ESTRADA

CÉDULA de notificación de sentencia (346/2002).

No procedemento de referencia dictouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na Estrada o dez de xullo de dous mil tres.

Vistos por min, Juan Carlos Mediavilla Guerra, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción da Estrada e o seu partido xudicial, estas actuacións de xuízo ordinario, seguidas ante este xulgado co número 346 do ano 2002, en virtude de demanda interposta por Severino Somoza Pereiras, representado pola procuradora dos tribunais Raquel Puente Fernández e asistido polo letrado Rafael Vede Calvelo, contra Alicia Edreira López, María Belén Bello Edreira, María Dolores Bello Edreira, Consuelo Bello Edreira e José Manuel Bello Edreira, representados polo procurador dos tribunais Luis Sanmartín Losada, e asistidos polo letrado Miguel Ángel Vidal Pan, Basilisa Edreira López, Carmen Edreira López, José Edreira López, Amalia Edreira López, Manuel Edreira López, José Antonio Castro Edreira, Guillermo Castro Edreira e José Antonio Castro Fernández, todos eles en situación de rebeldía procesual neste procedemento, en exercicio de acción declarativa de dominio e de rectificación de inscrición

rexistral, así como de cumprimento de contrato e atendendo os seguintes:

Decido que estimando integramente a demanda interposta por Severino Somoza Pereiras, representado pola procuradora dos tribunais Raquel Puente Fernández e asistido polo letrado Rafael Vede Calvelo e aceptando a conformidade con esta formulada por Alicia Edreira López, María Belén Bello Edreira, María Dolores Bello Edreira, Consuelo Bello Edreira e José Manuel Bello Edreira, representados polo procurador dos tribunais Luis Sanmartín Losada, e asistidos polo letrado Miguel Ángel Vidal Pan:

a) Debo declarar e declaro a obriga de Alicia Edreira López e dos irmáns María Belén, María Dolores, Consuelo e José Manuel Bello Edreira, a primeira en nome propio e todos eles como integrantes da comunidade hereditaria ou herdanza xacente de Dorindo Bello Reimóndez, de concorrer ó outorgamento da escritura de elevación a público do documento privado con data do 22 de abril de 1998 polo que se instrumenta a compravenda dos bens que se refiren nel, co apercibimento de que, de non o efectuaren voluntariamente, o outorgaría á súa custa o organo xudicial.

b) Debo declarar e declaro, fronte a tódolos demandados, que a casa sita no lugar de Tuten, indicada na certificación rexistral relativa ó predio nº 21.887 baixo o título Urbana, se corresponde e identifica co predio que figura inscrito no Rexistro da Propiedade desta vila baixo o nº 21.887 (unha vez excluído o terreo obxecto de concentración parcelaria que pasou a formar parte do actual predio nº 313) e debo dispor e dispoño a cancelación parcial do asento por reducción do inmoble obxecto desta,

acordando, para a súa efectividade, que se libre mandamento ó Rexistro da Propiedade da Estrada en tal sentido.

c) Debo condenar e condeno os demandados nos termos indicados con expresa imposición das custas ós demandados rebeldes Basilisa Edreira López, Carmen Edreira López, José Edreira López, Amalia Edreira López, Manuel Edreira López, José Antonio Castro Edreira, Guillermo Castro Edreira e José Antonio Castro Fernández, custas que non se lles impoñen ós demandados comparecidos e conformes.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, e fágaselles saber que non é firme pois contra ela cabe recurso de apelación que se preparará ante este xulgado, conforme o artigo 457 da Lei de axuizamento civil, no prazo de cinco días contados desde o seguinte a tal notificación, para a súa posterior resolución, trala súa interposición, pola audiencia provincial.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo, no nome da súa maxestade El-Rei».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Basilisa Edreira López e José Antonio Castro Fernández, esténdese esta para que sirva de cédula de notificación.

A Estrada, 30 de xullo de 2003.

O/A secretario/a

Rubricado