Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 11 de novembro de 2003 Páx. 13.925

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DA ESTRADA

CÉDULA de notificación de sentencia (96/2000).

No procedemento de referencia dictouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentencia.

Na localidade da Estrada o oito de marzo de dous mil dous.

Vistas por min, Juan Carlos Mediavilla Guerra, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción da Estrada e o seu partido xudicial, estas actuacións de xuízo declarativo ordinario de menor contía, seguidas ante este xulgado co número 96 do ano 2000, en virtude de demanda interposta pola procuradora dos tribunais Heriberta Brea Barreiro, en nome e representación de Julio Fentanes Barros, que actuaba en beneficio propio e da súa sociedade de gananciais, e dirixida contra os esposos Rosalía Concepción Garrido Paz e José Estévez, Celsa Garrido Paz, e Lidia e Elsa Gómez Garrido, en situación de rebeldía procesual neste procedemento e contra Silvia García Freire, representada pola procuradora dos tribunais Magdalena Méndez-Benegassi Gamallo, en exercicio de acción reivindicatoria e de reparación de danos e perdas causados e atendendo os seguintes ... resolvo que, desestimando integramente a demanda interposta pola procuradora dos tribunais Heriberta Brea Barreiro, en nome e

representación de Julio Fentanes Barros, que actuaba en beneficio propio e da súa sociedade de gananciais, debo absolver e absolvo ós esposos Rosalía Concepción Garrido Paz e José Estévez, Celsa Garrido Paz, e Lidia e Elsa Gómez Garrido, en situación de rebeldía procesual neste procedemento e contra Silvia García Freire, das pretensións contra eles exercitadas, e impóñolle ó demandante o pagamento das custas causadas neste procedemento.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que non é firme, pois contra ela cabe recurso de apelación que se preparará ante este xulgado conforme o artigo 457 e DT 2ª da Lei de axuizamento civil, no prazo de cinco días contados desde o seguinte a tal notificación, para a súa posterior resolución, trala súa interposición, pola audiencia provincial.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo, no nome da súa maxestade El Rei. Asinado e rubricado».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Rosalía Concepción Garrido Paz, José Estévez, Celsa Garrio Paz, Lidia e Elsa Gómez Garrido, expídese esta para que sirva de cédula de notificación.

A Estrada, vintetrés de abril de dous mil tres.

O/A secretario/a

Rubricado