Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 11 de novembro de 2003 Páx. 13.925

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (381/2002).

Alberto Ballón Lage, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos, dou fe e testemuño que no xuízo de faltas nº 381/2002 se dictou a seguinte cédula de citación:

O/A xuíz/a do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos acordou citar a vde. co fin de que o vindeiro día vintecinco de novembro, ás 11.30 horas, asista na sala de vistas ó xuízo de faltas arriba indicado, seguido por falta contra o patrimonio, en calidade de denunciado.

Fáiselle saber que deberá comparecer con tódolos medios de proba de que intente valerse no acto de xuízo (testemuñas, documentos, peritos...) e que poderá acudir asistido de letrado, aínda que este non é preceptivo.

Apercíbese de que, de residir neste termo municipal e non comparecer nin alegar xusta causa que llo impida, poderáselle impor unha multa e recaerá sobre el o prexuízo a que houber lugar en dereito e que, no caso de residir fóra deste municipio, poderá dirixirlle escrito a este xulgado na súa defensa e apoderar outra persoa para que presente no dicto acto as probas de descargo que tiver, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal.

E para que conste e lle sirva de citación a José Luis Cambre Ferreiro, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Betanzos o catorce de outubro de dous mil tres.

O secretario

Rubricado