Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 11 de novembro de 2003 Páx. 13.924

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (88/2002).

Eu, Montserrat del Valle Prieto, secretaria substituta do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, certifico que nos autos que se seguen neste xulgado por instancia de Ileana Aymée Díaz Álvarez contra José Luis Soengas García, sobre demanda de divorcio nº 88/2002, se dictou sentencia co encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«A Coruña, 22 de abril de 2002.

Vistos por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado-xuíz de primeira instancia número dez da Coruña e o seu partido, estes autos de divorcio, seguidos neste xulgado co nº 88/2002, por instancia de Ileana Aymée Díaz Álvarez, representada polo procurador Sr. Garrido Pardo, defendida polo letrado Sr. González Rodríguez, co consentimento de José Luis Soengas García.

Decido que, estimando a demanda formulada polo procurador Juan A. Garrido Pardo, debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio constituído por José Luis Soengas García e Ileana Aymée Díaz Álvarez, que tivo lugar na Coruña o 20 de febreiro de 1999.

Así mesmo, apróbase o convenio regulador proposto polos cónxuxes con data do 22 de marzo de 2002.

Todo isto sen facer especial imposición de custas procesuais.

En canto sexa firme esta resolución, comuníquese ó Rexistro Civil da Coruña, para os efectos de practica-las anotacións pertinentes.

Contra esta resolución só cabe interpor recurso de apelación por escrito ante este mesmo xulgado, no prazo de cinco (5) días, o Ministerio Fiscal.

Así, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para os efectos oportunos e lle sirva de notificación ó demandado rebelde, José Luis Soengas García, expido este edicto na Coruña, 15 de outubro de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE

BETANZOS