Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 11 de novembro de 2003 Páx. 13.924

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (744/2003).

Eu, Montserrat del Valle Prieto, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, dou fe de que nos autos de acollemento familiar que se seguen neste xulgado co número 744/2003, se acordou, por Resolución do 13-10-2003, a citación de Ana María Pereda Bruña mediante a publicación da seguinte cédula de citación.

En virtude do acordado polo maxistrado xuíz de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, nos autos de proposta de acollemento familiar número 744/2003, que se seguen neste xulgado, acordouse citar a Ana María Pereda Bruña, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día 1 de decembro, ás 10.00 horas, compareza neste xulgado para a práctica de dilixencias, prevíndoa de que, de non o verificar, recaerán sobre ela os prexuízos a que houber lugar en dereito.

A Coruña, 13 de outubro de 2003.

A secretaria

Rubricado