Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 11 de novembro de 2003 Páx. 13.924

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2003 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de educación física e deportiva, do departamento de Didácticas Especiais, a María del Pino Díaz Pereira (praza 137/2001).

Consonte coa proposta formulada pola comisión nomeada para xulga-lo concurso da praza 137/2001, convocado por resolución desta universidade do 20 de novembro de 2001 (BOE do 14 de decembro) e unha vez acreditado pola concursante proposta que reúne os requisitos do punto 2 do artigo 5º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María del Pino Díaz Pereira, con documento nacional de identidade número 34954400-N, profesora titular de universidade da área de coñecemento de educación física e deportiva, adscrita ó departamento de Didácticas Especiais.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o rector, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 20 de outubro de 2003.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo