Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 11 de novembro de 2003 Páx. 13.927

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE OVIEDO

EDICTO (764/2003).

Misael León Noriega, secretario do Xulgado do Social número dous dos de Oviedo e a súa provincia, fago saber que por resolución dictada no día da data no proceso seguido nos presentes autos número demanda 764/2003, por instancia de José Ignacio Alonso Álvarez, María Cano Arias, contra Inversiones y Seguridad 2001, S.L., Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario acordouse citar a Inversiones y Seguridad 2001, S.L., en ignorado paradoiro, para que compareza o día once de decembro de dous mil tres ás 11.30 horas da mañá para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo que terán lugar na sala de vistas deste xulgado do social número dous, sito na r/ Llamaquique, s/n, debendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e con tódolos medios de proba de que se tente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

E para que sirva de citación de Inversiones y Seguridad 2001, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a colocación no taboleiro de anuncios.

Oviedo, dez de outubro de dous mil tres.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA