Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 11 de novembro de 2003 Páx. 13.928

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado 259/2003, interposto polo Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela providencia pola que se admite a trámite a demanda tramitada polo procedemento abreviado nº 259/2003, formulada polo Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia, contra a orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 6 de xuño de 2003, pola que se convoca para a elección de destinos os aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 1 (camareiro/a-limpador/a e outras) e 11 (limpador/a e outras) do grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (DOG nº 112, do 11 de xuño).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela no prazo de 9 (nove) días, contado desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública