Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 11 de novembro de 2003 Páx. 13.928

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2003, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se sinala a data dunha poxa de bens inmobles e mobles.

Autorizado por acordo desta dirección xeral, do 12 de maio de 2003 e 9 de abril de 2003 respectivamente,

o alleamento en pública poxa dos bens embargados no procedemento de constrinximento pola Zona de Recadación de Vigo como da propiedade do debedor Núñez Arias, Manuel, con NIF: 34563417-Y que a continuación se describen:

Lote 1:

Aparcamento dun vehículo identificado co nº 3, sito no soto nº 2 do edificio nº 2 da rúa Manuel Núñez, de Vigo. Superficie 12 m. Predio nº 38066, tomo 725, folio 36, Rexistro da Propiedade nº 1 de Vigo.

Local comercial nº 3, da 3ª planta do edificio nº 2 da rúa Manuel Núñez de Vigo. Superficie: 45 m útiles, segundo Rexistro da Propiedade, superficie construída segundo catastro: 51,00 m. Predio nº 36932, tomo 705, folio 142, Rexistro da Propiedade nº 1 de Vigo.

Local comercial nº 1, da 3ª planta do edificio nº 2 da rúa Manuel Núñez de Vigo. Superficie: 46 m útiles, segundo Rexistro da Propiedade, superficie construída segundo catastro: 51,00 m. Predio 36930, tomo 898, folio 102, Rexistro da Propiedade nº 2 de Vigo.

Local comercial nº 2, da 3ª planta do edificio nº 2 da rúa Manuel Núñez de Vigo. Superficie: 44 m útiles segundo Rexistro da Propiedade; superficie construída segundo catastro: 51,00 m. Predio 36931, tomo 898, folio 109, Rexistro da Propiedade nº 2 de Vigo.

Vivenda, rúa Lexión (na actualidade Álvaro Cunqueiro, 20), nº 3, planta 8, porta B. Superficie construída segundo Rexistro da Propiedade: 126,000 m, segundo catastro: 136,0000 m. División horizontal: cota: 5,00000000, nº orde: 21. Desc. Leva anexo un trasteiro no desván sinalado coa súa mesma denominación. Predio 57055, no municipio de Vigo, sección 02, tomo 570, libro 570, folio 163, alta 2, Rexistro da Propiedade de Vigo nº 5.

Valor: 379.461,54 euros.

Cargas: 268.244,15 euros.

Tipo: 111.217,39 euros.

Lote 2:

Vehículo matrícula: PO: 5789 BJ, data de matriculación: 31-8-1998, marca SAAB, modelo 9 5 tipo turismo. Bastidor: YS3EF45EXW3088362.

Valor: 16.599,95 euros.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 16.599,95 euros.

Atópase depositado para o seu exame na empresa: AMMU OBJET, S.L., sita no Lugar Cereixeira, s/n, Oubiña 36630 (Cambados).

De conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona.

DISPOÑO:

Que o día 3 de decembro de 2003 ás 12:30 horas, nos locais da zona de recadación de Vigo r/ Areal nº 62, local 3, baixo a presidencia do delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, se celebre a dita poxa.

Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte:

1. Que consta en poder da Zona de Recadación de Vigo o expediente de constrinximento no que consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames subsistentes, se os houbese, ó crédito dos executantes, continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

2. Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.

3. Os licitadores poderán enviar ou presenta-las súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio de poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con posturas superiores á do sobre. As ditas ofertas, que terán o carácter de máximas, serán rexistradas no rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, e deberán ir acompañadas de cheque conformado, expedido a favor do Tesouro da Facenda Pública de Galicia polo importe do depósito.

4. Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será polo menos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.

5. No caso de que non resulten adxudicados os bens nunha primeira licitación, a mesa de poxa poderá realizar unha segunda licitación, se o xulga procedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do importe da primeira licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa que se levará a cabo de acordo co artigo 150 do Regulamento xeral de recadación.

6. Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes, a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.

7. Se quedasen bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa, por un prazo máximo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado, a partir dese momento, á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ó remate do prazo do mes desde o seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas, ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente co límite total de seis meses.

O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa en primeira licitación cando non se considerase procedente celebrar unha segunda licitación; se existira segunda licitación non haberá prezo mínimo.

8. A Consellería de Economía e Facenda reserva para si o dereito de pedi-la adxudicación para a Comunidade

Autónoma de Galicia, do ben que non fora obxecto de venda, conforme o establecido no artigo 158 do Regulamento xeral de recadación.

9. O procedemento de constrinximento soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados nos artigos 135 e 136 da Lei xeral tributaria e 101 do Regulamento xeral de recadación.

En todo o non previsto neste anuncio haberá de aterse ó preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2003.

Joaquín Caballero Miranda

Director xeral de Tributos