Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 07 de novembro de 2003 Páx. 13.794

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DA FONSAGRADA

EDICTO (36/2002).

En virtude do acordado nos autos de referencia, por este edicto notifícase a sentencia dictada.

«Sentencia: A Fonsagrada o 16 de abril de 2003.

Vistos por min, Alberto Benéitez Antón, xuíz do xulgado de primeira instancia e instrucción deste partido, os autos de xuízo verbal número 36/2002, sobre reclamación de poda de ramas por invasión de propiedade allea e deslindamento nos que foron parte demandante e reconvida José Niño Méndez, partes reconvidas Luis, Nicasio Antonio e Manuel

Niño Méndez, así como Odilio e Lisbeth Hilda Niño González, estes en calidade e sucesores de Francisco Niño Méndez, e os sucesores de Dorinda Niño Méndez, tendo comparecido José, Luis, Nicasio, Antonio e Lisbeth baixo a representación da procuradora Soledad Sierra Villaverde e a defensa do letrado José Manuel López Álvarez e sendo os demais declarados en rebeldía, partes demandadas e reconvintes Víctor e Alejandro Álvarez Gómez, representados polo procurador Luis Felipe Rodríguez Fernández e defendidos polo letrado Marco Antonio Candal Quiroga, e partes simplemente demandadas Manuel Álvarez Gómez, con igual representación e defensa e Matilde e Octavio Álvarez Gómez, declarados en rebeldía.

Dictamino: que estimando parcialmente a demanda promovida pola procuradora Soledad Sierra Villaverde en representación de José Niño Méndez contra Manuel, Víctor, Alejandro, Matilde e Octavio Álvarez Gómez, así como a reconvención deducida polo procurador Luis Felipe Rodríguez Fernández en representación de Víctor e Alejandro Álvarez Gomez contra José Niño Méndez, Luis, Nicasio, Antonio e Manuel Niño Méndez, así como Odilio e Lisbeth Hilda Niño González, estes en calidade de sucesores de Francisco Niño Méndez, e os sucesores de Dorinda Niño Méndez:

1º Debo declarar e declaro que o límite entre o predio Lameira, parcela nº 1.627 do polígono 20 do antigo catastro de rústica de Navia de Suarna, e os predios Hortiña, Tallo de Rigueira e Horto, parcelas nº 1.628, 1.632 e 1.631, respectivamente, do mesmo polígono e catastro, que sucesivamente a confinan polo oeste e noroeste está constituído polo lindeiro do seguinte trazado:

a) Partindo do muro que separa polo sur as parcelas nº 1.627 e 1.628 do camiño situado por ese vento, e desde o punto de tal muro que resulte das demais referencias que baixo esta mesma letra se indican a continuación, nace, en dirección norte-nordeste, en liña recta, perpendicular ó dito muro e que pasa a 40 cm ó leste, medidos en ángulo recto coa mesma liña divisoria, da árbore sinalada cun círculo azul no plano do folio nº 35 das actuacións, seguindo ata a súa confluencia co inicio da valgada disposta ó longo do eixe G-H do mesmo plano.

b) Desde esa confluencia, en dirección noroeste, pola liña media da base plana da dita valgada, situada (a base plana referencia) inmediatamente ó leste da liña pto. G-árbore nº 1-2-3-4-5 do mesmo plano, ata desembocar na primeira árbore contigua á liña H-A de igual plano.

c) Desde esa árbore, en dirección norte, en liña recta por medio das sucesivas árbores contiguas á referida liña H-A, ata alcanza-lo dito punto A; calculado este pola distancia no plano desde o final desa liña (punto A) e esa primeira árbore en relación coa escala do plano.

d) Entre os puntos A e B do mesmo plano, na forma marcada por este, atendendo ó trazado e lonxitude das sucesivas liñas marcadas, á escala planimétrica e ás referencias físicas representadas no mesmo plano.

2º Debo declarar e declaro que procede a practica-lo deslinde e a marcaxe entre o predio Lameira e os predios Hortiña, Tallo de Rigueira e Horto, referidas no número anterior, conforme a liña establecida nel, que terá lugar en execución de sentencia.

3º Debo condenar e condeno os demandados principais, segundo a súa respectiva propiedade nos predios que particularmente albergan, a cortar aquelas das pólas das árbores identificadas cos números 1 a 8 no referido plano que se metan en espacio do predio Lameira e na medida en que o fagan, segundo a colindancia establecida nos puntos anteriores desta parte dispositiva.

Todo iso sen especial imposición das custas causadas nesta instancia.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se fará saber que contra esta, e durante os cinco días seguintes á notificación, poderán preparar ante este mesmo xulgado, recurso de apelación para ante a audiencia provincial.

Lévese o orixinal desta resolución ó libro de sentencias deste xulgado sacando previamente testemuño literal desta para a súa unión ós autos.

Así o acordo, mando e asino».

E para que sirva de notificación a Octavio Álvarez Gómez, expido este edicto.

A Fonsagrada, 11 de xuño de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA