Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 07 de novembro de 2003 Páx. 13.794

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2003 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de xeodinámica externa, do departamento de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio, a José Ramón Seara Valero (praza 168/2001).

Consonte coa proposta formulada pola comi-

sión nomeada para xulga-lo concurso da praza nº 168/2001, convocado por resolución desta uni-

versidade do 20 de novembro de 2001 (BOE do 14 de decembro) e unha vez acreditado polo concursante proposto que reúne os requisitos do número 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Ramón Seara Valero, con documento nacional de identidade número 02512413-P, profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de xeodinámica externa, adscrita ó departamento de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial do Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o rector, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 14 de outubro de 2003.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DA FONSAGRADA