Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 07 de novembro de 2003 Páx. 13.795

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (188/2002).

María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria por substitución do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dá fe e testemuño de que neste xulgado se segue xuízo verbal de faltas número 188/2002, por furto, no que recaeu sentencia cun encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela, 11 de abril de 2003.

José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia:

Vistos estes autos de xuízo verbal de faltas número 188/2002, seguidos neste xulgado sobre furto, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal,

o denunciante Carlos Fernández Carril e o denunciado Jesús Manuel Puga García.

Decido que debo condenar e condeno a Jesús Manuel Puga García, como autor dunha falta de furto, á pena de multa dun mes, fixando o importe da cota diaria da pena de multa na contía de tres euros, e sinalando a responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, para ante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación ó denunciado Jesús Manuel Puga García, en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o 13 de outubro de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado