María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria por substitución do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dá fe e testemuño de que neste xulgado se segue xuízo verbal de faltas número 208/2002, por ameazas, no que recaeu sentencia cun encabezamento e resolución do teor literal seguinte:
«En Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2003.
José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia:
Vistos estes autos de xuízo verbal de faltas número 208/2002, seguidos neste xulgado sobre ameazas, nos que son partes, Manuel Villar Folla-Cisneros, e os denunciados Luis García Jiménez e Emilio Jiménez Bentos.
Decido que debo absolver e absolvo libremente a Luis García Jiménez y Emilio Jiménez Bentos da falta de ameazas pola que foron denunciados, declarando de oficio as custas procesais.
Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, para ante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.
Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».
E para que conste e lle sirva de notificación a Luis García Jiménez e a Emilio Jiménez Bentos, ambos en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o 13 de outubro de 2003.
A secretaria xudicial
Rubricado