Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 07 de novembro de 2003 Páx. 13.796

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (108/2003).

María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria por substitución do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dá fe e testemuño de que neste xulgado se segue xuízo verbal de faltas número 108/2003, por ameazas, no que recaeu sentencia cun encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2003.

José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia:

Vistos estes autos de xuízo verbal de faltas número 108/2003, seguidos neste xulgado sobre ameazas, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, a denunciante Teresa Carrillo Muíño e o denunciado José Fosado Albor.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a José Fosado Albor da falta de ameazas pola que foi denunciado, declarando de oficio as custas procesuais.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, para ante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación a María Teresa Carrillo Muíño e a José Fosado Albor, ámbolos dous en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o 13 de outubro de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado