Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 07 de novembro de 2003 Páx. 13.796

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (559/2003).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 559/2003 seguidos por instancia de José Antonio Fernández Mosquera contra Talleres

Fernández y Mosquera, S.L. sobre despedimento, a maxistrada xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 22 de setembro de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que debo estimar e estimo integramente as pretensións da demanda, e cualifico como improcedente o despedimento obxecto deste proceso e condeno a empresa Talleres Fernández Mosquera, S.L. a que readmita inmediatamente a José Antonio Fernández Mosquera nas mesmas condicións que rexían antes de se produci-lo despedimento, ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á parte demandante dunha indemnización de 2.375,83 euros.

A devandita opción deberá exercerse no termo dos 5 días desde a notificación desta sentencia, mediante escrito ou comparecencia diante deste xulgado. Transcorrido o dito termo sen que o empresario optase, entenderase que procede a readmisión.

Calquera que fose o sentido da opción, condeno así mesmo a parte demandada a que satisfaga á demandante os salarios que non percibise desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, tomándose en consideración a tal efecto o salario que se estima acreditado no feito probado 1º, e tendo en conta a limitación que establece o artigo 57.1º do E.T. e que trata esta data ascenden á cantidade de 4.220,5 euros.

E debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade solidaria nos supostos previdos legalmente.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que en contra da dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anuncialo o seu avogado ou representante legal designado para o efecto, perante este xulgado, no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, por comparecencia ou por escrito das partes. É posible o anuncio por mera manifestación da parte recorrente ó ser notificada, e será resolto, se é o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, ademais, acreditar ó anuncia-lo recurso, o ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no BBV, conta nº 5602-60, e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, coa constancia da responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade do depósito, nun impreso separado do do importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo, e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Talleres Fernández y Mosquera, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido na r/ Volta do Codo 6, Betanzos, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa

publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, o 22 de setembro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA