Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 05 de novembro de 2003 Páx. 13.661

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO OITO DA CORUÑA

EDICTO (508/2002-E).

Eu, María Pilar Cuenca Sánchez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número oito da Coruña, fago saber que neste xulgado e co número 508/2002-E, se seguen autos de xuízo ordinario entre as parte que se indicarán, nas actuacións dos cales se dictou sentencia de data 31 de xullo de 2003, co encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

Xulgado de Primeira Instancia número oito da Coruña.

Antonio Fraga Mandián, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número oito dos da Coru

ña, en nome de El-Rei, dictou a seguinte sentencia número 147:

Na Coruña, o 31 de xullo de 2003.

Vistos os presentes autos de xuízo ordinario número 508/2002-E, promovidos por Herminio Edreira Arán, representado polo procurador José Lado Fernández e defendido polo letrado Miguel A. Fernández López, contra Juan José Villar Bellón, declarado en rebeldía,

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Herminio Edreira Arán contra Juan José Villar Bellón e debo declarar e declaro ter lugar a desafiuzamento do piso sito na rúa Manuel Azaña, nº 18, 1º C, polígonos dos Rosais desta cidade da Coruña, e debo condenar e condeno o demandado Juan José Villar Bellón a poñelo á enteira e libre disposición do arrendador e, así mesmo, debo condenar e condeno o demandado ó pagamento de 3.636,12 euros á actora en cocepto de rendas así como as cantidades polos conceptos e períodos que se refiren ó fundamento xurídico segundo, debendo ademais facer fronte ás rendas devengadas desde a presentación da demanda ata a entrega da vivenda arrendada e ós gastos por subministracións xerados con posterioridade ós períodos reclamados e todo iso con imposición de custas ó demandado.

Para que así conste, para a súa publicación no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios deste xulgado, e para que lle sirva de notificación a Juan José Villar Bellón, declarado en rebeldía, ó que se fai saber que a anterior resolución non é firme e que contra ela caben os recursos sinalados nela, expido e asino este edicto na Coruña o 31 de xullo de 2003.

A secretaria

Rubricado