Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 05 de novembro de 2003 Páx. 13.662

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (291/2003).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña,

Fago saber: que nos autos nº 291/2003 seguidos por instancia de Francisco Javier López Vázquez contra Pintura y Decoración del Río, S.L. e outros sobre invalidez permanente total ou subsidiariamente parcial, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 17-7-2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, desestimando a pretensión da demanda presentada por Francisco Javier López Vázquez, debo absolver e absolvo a tódolos demandados das pretensións da demanda.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que en contra da dita resolución

cabe o recurso de suplicación, que deberá anuncialo o seu avogado ou representante legal designado para o efecto, perante este xulgado, no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, por comparecencia ou por escrito das partes. É posible o anuncio por mera manifestación da parte recorrente ó ser notificada, e será resolto, se é o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenanda deberá, ademais, acreditar ó anuncia-lo recurso, o ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no BBV, conta nº 5602-60, e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, coa constancia da responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito, nun impreso separado do do importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Pintura y Decoración del Río, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en r/ Curtis, 6, baixo, 15009 A Coruña; (ou representante legal: José A. del Río Barral en r/ Bergondo, 8, 4º E, A Coruña) e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, o 9 de outubro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado