Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 05 de novembro de 2003 Páx. 13.661

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO, SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (4752/2003).

Polo presente edicto faise saber que, en providencia dictada no día da data, por esta sección segunda, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, acordouse admitir a trámite o recurso interposto polo procurador José María Moreda Allegue, en nome e representación de Dolores Ferreiro Corral, Peregrina Conde Corral, Manuel Corral Pereira, Bernardo Corral Pérez, Milagros Ferreiro Corral, Amando Iglesias Moure, María Corral Pereira, Adolfo Corral Martínez, José Corral Rivera, José Pavón Iglesias, Nieves Corral Martínez, José Ramón Pérez Travieso, Sara María Cardama Corral contra Orde do 29 de abril de 2003 da CPTOPV, pola que se outorga aprobación definitiva ó Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Ourense.

Recurso número: procedemento ordinario 4742/2003.

A publicación deste anuncio servirá de emprazamento ás persoas que, non téndoo sido persoalmente, presenten un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, podendo comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixesen con posterioridade, teráselles por parte polos trámites non precluídos.

A Coruña, trinta e un de xullo de dous mil tres.

Inmaculada Pérez Arrojo

Secretaria