IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS
CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2003, do tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso a determinadas categorías dos grupos III, IV e V do persoal laboral da Xunta de Galicia, convocados polas ordes do 26 de decembro de 2002, pola que se anula unha pregunta do primeiro exercicio correspondente á categoría de vixilante fixo de defensa contra incendios forestais (grupo V, categoría 10B).
Na súa sesión do día 29 de outubro de 2003 o tribunal adoptou o seguinte acordo:
Anula-la pregunta número 3 do cuestionario número un, por non ser correcta a súa formulación.
En consecuencia, a referida pregunta é substituída pola primeira pregunta de reserva, que é a número 21.
Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2003.
Mª Lourdes Batán Aira
Presidenta do tribunal
TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO
CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO,
SECCIÓN SEGUNDA)