Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 05 de novembro de 2003 Páx. 13.661

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2003, do tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso a determinadas categorías dos grupos III, IV e V do persoal laboral da Xunta de Galicia, convocados polas ordes do 26 de decembro de 2002, pola que se anulan dúas preguntas do primeiro exercicio correspondente á categoría de emisorista de defensa contra incendios forestais (grupo V, categoría 10C).

Na súa sesión do día 29 de outubro de 2003 o tribunal adoptou o seguinte acordo:

Anula-las preguntas número 15 e 18 do cuestionario número tres, por non ser correcta a súa formulación.

En consecuencia, as referidas preguntas son substituídas polas preguntas de reserva, que son os números 21 e 22.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2003.

Mª Lourdes Batán Aira

Presidenta do tribunal