Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 04 de novembro de 2003 Páx. 13.620

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de auto de aclaración de sentencia (660/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 660/2001, por instancia de María Teresa Fernández García,

contra o INSS e outros sobre prestacións, nos que recaeu auto de aclaración en data do 1 de outubro de 2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Parte dispositiva: ten lugar á aclaración solicitada e en consecuencia a decisión desta quedará do teor literal seguinte:

Decido: que estimando a demanda interposta por María Teresa Fernández García, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Mutua Galega de Accidentes de Traballo, a empresa Belán Textil, S.L. e a Tesourería Xeral da Seguridade Social, debo declarar e declaro que o demandante ten dereito ó recoñecemento da prestación de incapacidade temporal solicitada en demanda, condenando as demandadas a estar e pasar pola anterior declaración e á empres Belán Textil, S.L. como responsable directa do aboamento da prestación referida desde o 19 de abril de 2001 e ata o 28 de maio de 2001, en contía de 605,82 euros. Á mutua demandada que hai que anticipa-lo pagamento desde o décimo sexto día da baixa e ata a súa extinción na contía de 450,75 euros cos aumentos, melloras, revalorizacións e efectos económicos correspondentes. Absolvendo o Instituto Nacional da Seguridade Social.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que, contra ela, non cabe recurso ningún, sen prexuízo do recurso de suplicación contra a sentencia definitiva, que poderá anunciarse dentro dos cinco días seguintes á notificación deste auto, ante este xulgado, do que se coñecerá, se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal e como establecen os artigos 188 e seguintes da Lei de procedemento laboral.

Así, por este meu auto, dispóñoo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Belán Textil, S.L., expido e asino a presente cédula na Coruña o un de outubro de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA