Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 04 de novembro de 2003 Páx. 13.620

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado 322/2003, interposto por Francisco Estévez Veloso.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un

de Santiago de Compostela, providencia pola que se admite a trámite a demanda tramitada polo procedemento abreviado nº 322/2003, formulada por Francisco Estévez Veloso, contra a Resolución do 10 de xullo de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas de admitidos e excluídos nos procesos selectivos para o ingreso, entre outras, na categoría 110 (xefe de cuadrilla de defensa contra incendios forestais) do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (DOG nº 138, do 17 de xullo de 2003).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública