Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 04 de novembro de 2003 Páx. 13.620

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE FERROL

EDICTO (465/2002).

No procedemento de referencia dictouse a resolución do teor literal seguinte:

«Que estimo integramente a demanda formulada por Francisco Fernández Caaveiro contra Juan Manuel Meno Pacero e na súa virtude.

a) Declaro a recuperación polo demandante da plena posesión do predio urbano obxecto deste preito, o que terá lugar no prazo dun mes contado desde a firmeza desta resolución.

b) Condeno o demandado a que lle aboe ó demandante a cantidade de 901,50 euros cos seus xuros legais, e

c) Condeno o demandado ó pagamento das custas causadas neste procedemento.

Así por esta miña sentencia, que non é firme e contra a que se poderá preparar recurso de apelación no prazo de cinco día perante este Xulgado de Primeira Instancia, e da que se levará testemuño ás actuacións orixinais, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Juan Manuel Meno Parcero, esténdese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ferrol o un de abril de dous mil tres.

O secretario

Rubricado