Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 04 de novembro de 2003 Páx. 13.619

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (666/2002).

Eu, Manuel Ferreiro González, secretario da Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que neste recurso se dictou sentencia cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Peza: recurso de apelación 666/2002.

Xulgado de Primeira Instancia número nove da Coruña.

Número 82.

A Coruña, 19 de marzo de 2003.

A Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña, constituída por María del Carmen Taboada Caseiro, presidenta, María José Pérez Pena e Luis Barrientos Monge, maxistrados, pronunciou, en nome de El-Rei, a seguinte sentencia:

Vistos en grao de apelación ante esta Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña, os autos de xuízo executivo 658/2000, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número nove da Coruña, ós que lles correspondeu a peza 666/2002, nos que aparece como parte apelante Juan Manuel Silva Vilar, representado pola procuradora Sra. Graíño Ordóñez, e como apelada, Ana Isabel Troyón Pose, rebelde, e Caixa de Aforros de Galicia, representada polo procurador Sr. Garrido Pardo, sobre reclamación de cantidade. Foi maxistrada relatora María José Pérez Pena.

Decidimos que, con desestimación do recurso interposto contra a sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia número nove da Coruña, con data do 4 de outubro de 2001, pola que se resolve o xuízo executivo 658/2000, debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a citada resolución. Todo isto con imposición das custas causadas nesta alzada ó apelante.

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E co fin de publicar no Diario Oficial de Galicia e para que lle sirva de notificación á demandada apelada Ana Isabel Troyón Pose, declarada en rebeldía, expido e asino este edicto na Coruña o 1 de outubro de 2003.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO

DE FERROL