Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 04 de novembro de 2003 Páx. 13.617

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

ORDE do 27 de outubro de 2003 pola que se outorgan nomeamentos a rexistradores da propiedade para os rexistros vacantes que se citan.

O nomeamento de rexistradores da propiedade e mercantís que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade vacantes, en virtude de concurso ordinario convocado por resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 10 de xuño de 2003 (BOE do 26 de xuño) e de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 513 do regulamento para a súa execución, o decreto da Xunta de Galicia 226/2003, do 11 de abril, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomea-los rexistradores da propiedade, que a seguir se relacionan, para prove-los rexistros vacantes establecidos no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia:

-Jesús Fernández Brea, rexistrador de Viveiro, para o rexistro núm. 2 e mercantil de Lugo.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2003.

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior

e Administración Local