Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 04 de novembro de 2003 Páx. 13.617

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

ORDE do 27 de outubro de 2003 pola que se outorgan nomeamentos de notarios para as notarías vacantes que se citan.

O nomeamento dos notarios que teñan que exercer no territorio de Galicia é competencia desta Comunidade Autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude de concurso ordinario convocado pola resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 17 de xuño de 2003 (BOE do 28 de xuño), de conformidade cos artigos 23, 88 e demais concordantes do Regulamento notarial, o decreto da Xunta de Galicia 226/2003, do 11 de abril, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomea-los notarios que a seguir se relacionan para prove-las notarías vacantes radicadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia:

1. Manuel Cañas Navarro, notario de Castroverde, 3ª, para a Notaría de Ortigueira (A Coruña).

2. José Antonio de la Cruz Calderón, notario de Ponferrada, 2ª, para a Notaría de Pontevedra.

3. José Pascual Díaz Serrano, notario de Corvera de Toranzo, 3ª, para a Notaría de Ribadeo (Lugo).

4. Francisco López Moledo, notario de Arzúa, 3ª, para a Notaría de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

5. María Gema López Riesco, notaria de Viana do Bolo, 3ª, para a Notaría do Barco de Valdeorras (Ourense).

6. Patricia Posse Paz, notaria de Palas de Rei, 3ª, para a Notaría de Monterroso (Lugo).

7. José Guillermo Rodicio Rodicio, notario do Barco de Valdeorras, 3ª, para a Notaría da Coruña.

8. Beatriz Azpitarte Melero, notaria de oposición, para a Notaría de Outes (A Coruña).

9. Álvaro Romero García, notario de oposición, para a Notaría de Bande (Ourense).

10. Carmen Ana Vázquez Arias, notaria de oposición, para a Notaría de Betanzos (A Coruña).

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2003.

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior

e Administración Local