Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 03 de novembro de 2003 Páx. 13.566

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (279/2003).

Monserrat del Valle Prieto, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña,

Certifico que nos autos seguidos neste xulgado por instancia de María José García Vilela, contra José Ramón Cupeiro Rocha, sobre demanda de divorcio número 279/2003, dictouse o seguinte edicto:

Sentencia.

Na Coruña, 25 de setembro de 2003.

Vistos por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, os presentes autos de divorcio seguidos neste xulgado co número 279/2003, por instancia de María José García Vilela, representada pola procuradora Carmen Belo González e defendida polo letrado Luis González Deus, sendo parte demandada José Ramón Cupeiro Rocha

en situación procesual de rebeldía e sendo parte o Ministerio Fiscal.

Decido.

Que estimando a demanda formulada pola procuradora Carmen Belo González, debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio constituído por José Ramón Cupeiro Rocha e María José García Vilela celebrado na Coruña o 1 de xaneiro de 1987, cos efectos legais que iso supón.

Sen imposición de custas.

Contra esta reslución cabe interpor recurso de apelación que se interporá por escrito perante este mesmo xulgado no termo de cinco (5) días desde a súa notificación e tendo en conta de conformidade co que determina o artigo 774 pf 5º que os recursos que, conforme a lei, se interpoñan contra a sentencia non suspenderán a eficacia das medidas que se acordasen nesta. Se a impugnación afectara unicamente os pronunciamentos sobre medidas, declararase a firmeza do pronunciamento sobre a nulidade, separación ou divorcio.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e sirva de notificación ó demandado rebelde José Ramón Cupeiro Rocha, emito esta cédula na Coruña, 25 de setembro de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado