Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 03 de novembro de 2003 Páx. 13.565

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO VINTESETE DE BARCELONA

EDICTO (994/1997-5ª).

Ana Hernández Alonso, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número vintesete de Barcelona, fai saber:

Que neste xulgado se tramitan baixo o número 994/1997 actuacións de xuízo de cognición por instancia de Océano Grupo Editorial, S.A. representado polo procurador Miguel Pujol Calvet contra Ana Rodríguez Pato, sobre reclamación de cantidade nos que en resolución dictada o día da data se acordou notificar por edictos a Ana Rodríguez Pato por igno

rarse o seu paradoiro, a sentencia cun encabezamento e dictame que son do teor literal seguinte:

Vistos por Yolanda Arrieta Cávez, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número vintesete de Barcelona, os presentes autos de xuízo de cognición nº 994/1997 5ª, sobre reclamación de cantidade, seguidos entre partes, dunha e como demandante, Océano Grupo Editorial, S.A. representada e asistida polo factor mercantil señor Pujol Calvet, doutra e como demandada Ana Rodríguez Pato, en situación procesual de rebeldía, pronunciou, en nome de El Rei a seguinte sentencia:

Que, estimando a demanda promovida polo factor mercantil señor Pujol Calvet en nome e representación de Océano Grupo Editorial, S.A. debo condenar e condeno a Ana Rodríguez Pato, en situación procesual de rebeldía, a que lle aboe á demandante a cantidade de setecentos dezanove euros con setenta e sete céntimos (719,77 euros) máis os xuros legais da dita cantidade desde a data da interpelación xudicial e as custas do procedemento.

Fronte a esta sentencia poderá interpoñerse recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Barcelona no prazo dos cinco días seguintes á súa notificación ás partes.

Así, pola miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación á demandada Ana Rodríguez Pato, en ignorado paradoiro libro este edicto en Barcelona o dez de decembro de dous mil dous.

A secretaria xudicial

Rubricado