Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 03 de novembro de 2003 Páx. 13.565

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE OURENSE (SECCIÓN SEGUNDA)

CÉDULA de notificación de sentencia (325/2002).

Alfonso Travado y Lira, secretario da Audiencia Provincial de Ourense, sección segunda

Certifico que ante esta sección segunda se segue o rolo de apelación nº 325/2002, no que se dictou sentencia con encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

(Apelación civil).

A Audiencia Provincial de Ourense, sección segunda, constituída por Jesús Francisco Cristín Pérez, presidente, Mª Mercedes Pérez Martín-Esperanza e Fernando Alañón Olmedo, maxistrados, pronunciou a seguinte:

Sentencia.

En Ourense, o vintenove de setembro de dous mil tres.

Vistos, en grao de apelación, por sta sección segunda da Audiencia Provincial, actuando como tribunal civil, os autos de xuízo de menor contía procedentes do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Ourense, seguidos co número 581/2000, rolo de apelación nº 325/2002, nos que aparece, como parte apelante, Rosa Prado Martínez, Concepción Pérez Prado e Jacinto Pérez Prado, representados pola procuradora dos tribunais Mª Gloria Sánchez Izquierdo e asistidos polo letrado

Ricardo Martínez Barros e como apelado Manuel Vázquez Pérez, representado pola procuradora Marta Prieto Matesanz, e asistido polo letrado Juan Manuel Rivero Loren e a herdanza xacente e eventuais herdeiros de Eladio Pérez Domínguez, en situación procesual de rebeldía; sobre reclamación de cantidade. É maxistrado ponente Fernando Alañón Olmedo.

Decido.

Desestímase o recurso de apelación interposto pola procuradora dos tribunais Mª Gloria Sánchez Izquierdo, en nome e representación de Rosa Prado Martínez, Concepción Pérez Prado e Jacinto Pérez Prado, contra a sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Ourense, en autos de xuízo de menor contía nº 581/2000, rolo de apelación nº 325/2002, de data 1 de xullo de 2002, que se confirma, con imposición de custas da alzada ó apelante.

Ó notificar esta resolución ás partes, fáganse as indicacións a que se refire o artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial.

Así, por esta nosa sentencia, da que, en unión dos autos orixinais, se remitirá certificación ó xulgado de procedencia para a súa execución e demais efectos, xulgando en segunda instancia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Jesús Francisco Cristín Pérez, Mª Mercedes Pérez Martín-Esperanza, Fernando Alañón Olmedo. Rubricado.

E para que así conste e co fin de que sirva de notificación á parte apelada-non comparecida herdanza xacente e eventuais herdeiros de Eladio Pérez Domínguez, expido e asino a presente, que foi pronunciada e lida en audiencia pública, en Ourense o vintenove de setembro de dous mil tres.

El secretario judicial

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO VINTESETE

DE BARCELONA