Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 03 de novembro de 2003 Páx. 13.566

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (790/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe

Certifico que neste xulgado se seguen autos número 790/2001 por instancia de Hermindo García Iglesias contra Juan L. Castromayan e outro sobre outros extremos, nos que recaeu sentencia en data 26-9-2003 que copiada nos particulares necesarios di así:

Decido: que desestimando a demanda deducida por Hermindo García Iglesias contra a empresa Juan Luis Castromayan e a empresa Armaven S.L., debo absolver e absolvo a parte demandada de tódolos pedimentos dela.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación, para anunciar dentro dos cinco días seguintes á notificación da sentencia, perante este xulgado do que coñecerá se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establecen

os artigos 188 e ss. do texto refundido da Lei de procedemento administrativo laboral aprobado por Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Así, por esta miña sentencia definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Armaven, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o vinteseis de setembro de dous mil tres.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA