Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 03 de novembro de 2003 Páx. 13.567

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado 405/2003, interposto por José Antonio Losada Fernández.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Ourense, providencia pola que se admite a trámite a demanda tramitada polo procedemento abreviado 405/2003, formulada por José Antonio Losada Fernández, contra a desestimación presunta do recurso de reposición contra a resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 10 de xullo de 2003, pola que se aproban e fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos nos procesos selectivos para o ingreso, entre outras, na categoría 100 (xefe de cuadrilla de defensa contra incendios forestais) do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (DOG nº 138, do 17-7-2003).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Ourense no prazo de 9 (nove) días,

contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública