Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 03 de novembro de 2003 Páx. 13.567

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, pola que se fai pública a adxudicación da contratación, en réxime de concesión, da xestión e explotación do servicio de cafetería do edificio administrativo de servicios centrais de San Caetano en Santiago de Compostela.

Por resolución do secretario xeral, actuando en nome do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, por delegación de competencias, segundo a Orde do 18 de decembro de 2001, acordou darlle publicidade á seguinte adxudicación:

-Contratación, en réxime de concesión, da xestión e explotación do servicio de cafetería do edificio administrativo de servicios centrais da Xunta de Galicia de San Caetano en Santiago de Compostela, convocada por concurso aberto, anunciado no Diario Oficial de Galicia número 143, do día 24 de xullo de 2003.

Adxudicatario: Santiago Dos, S.L.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2003.

P.D. (Orde 18-12-2001)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia,

Relacións Institucionais e Administración Pública