Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 03 de novembro de 2003 Páx. 13.567

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 6 de outubro de 2003, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se relacionan requirimentos de designación de perito pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Beatriz Prada Docampo e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse requirimentos de

designación de perito pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Secretaría da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense, en aplicación dos artigos 120 e 121 do Real decreto 828/1995, do 29 de maio, polo que se aproba o Regulamento do imposto xeral de transmisións patrimoniais e AXD.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Progreso, 38 entresollado-Ourense, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 6 de outubro de 2003.

Norberto Francisco Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

InteresadoProcedemento

Beatriz Prada DocampoReq. designación perito
DNI 34978641BExp. 8627/1995
Estra. Vigo, 81-1º-OurenseDoc. 600502540153

Fraprane, S.L.Req. designación perito
CIF B32185126Exp. 1603/1999
R/ Xoán de Novoa 3-2º B-OurenseDoc. 600802645171