Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 30 de outubro de 2003 Páx. 13.450

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE OVIEDO

EDICTO (411/2003).

Eu, Misael León Noriega, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous de Oviedo, fago saber

que no procedemento de demanda 411/2003 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Ana Isabel Palacios Moyano contra a empresa Inversiones y Seguridad 2001, S.L., sobre salarios, dictouse con data do 30 de setembro de 2003, sentencia que ten como parte dispositiva copiada o seguinte teor literal:

«Decido que estimo a demanda interposta por Ana Isabel Palacios Moyano contra a empresa Inversiones y Seguridad 2001, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial condeno a dita empresa a lle aboar á actora a cantidade de 3.137,61 euros (tres mil cento trinta e sete con sesenta e un euros). Respondendo Fogasa dentro dos límites legalmente establecidos.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito perante este xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentencia, ou por simple manifestación no momento en que lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ó recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habentes-causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuita, que deberá desposita-la cantidade de 150,25 euros na conta aberta na oficina principal de Banesto, con domicilio na rúa Marqués de Santa Cruz a nome deste xulgado co número 3359000065041103, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a súa formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentencia ó pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de

depósitos e consignacións aberta no anteiror banco a nome deste xulgado, co número de conta citado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade no que se faga consta-la responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Asinado e rubricado. Cristina García Fernández».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa demandada Inversiones y Seguridad 2001, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente acta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia en Oviedo o trinta de setembro de dous mil tres.

Advírtese ó destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, agás as que revistan forma de auto ou sentencia, ou se trate de emprazamento.

O secretario xudicial

Rubricado