Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 30 de outubro de 2003 Páx. 13.449

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE OVIEDO

EDICTO (415/2003).

Eu, Misael León Noriega, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous de Oviedo, fago saber que no procedemento de demanda 415/2003 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María Cano Arias contra a empresa Inversiones y Seguridad 2001, S.L., sobre despedimento, dictouse con data do 25 de setembro de 2003, sentencia que ten como parte dispositiva copiada o seguinte teor literal:

«Decido que estimo a demanda interposta por María Cano Arias contra a empresa Inversiones y Seguridad 2001, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial e declaro a improcedencia do despedimento da actora, condenando a empresa demandada a que, á súa elección, no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opte mediante escrito ou comparecencia perante a secretaría deste xulgado do social, entre a readmisión da traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se produci-lo despedimento ou ó aboamento dunha indemnización en contía de 2.020,46 euros (dous mil vinte con corenta e seis euros), equivalente a 45 días de salario por ano de servicio, máis os salarios deixados de percibir desde a data de despedimento ata a de noti

ficación da presente, que ata o día de hoxe ascenden a 5.496,96 euros (cinco mil catrocentos noventa e seis con noventa e seis euros), e no caso de que se optase pola readmisión ó pagamento dos salarios deixados de percibir desde que se produciu o despedimento ata a data de notificación da presente ou ata que atopase outro emprego se se acreditase tal colocación e que ascenden ata a data presente á cantidade xa mencionada de 5.496,96 euros. Fogasa responderá nos termos e cos límites legais.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito perante este xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentencia, ou por simple manifestación no momento en que lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ó recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habentes-causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá desposita-la cantidade de 150,25 euros na conta aberta na oficina principal de Banesto, con domicilio na rúa Santa Cruz de Oviedo a nome deste xulgado co número 3359000065041503, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a súa formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentencia ó pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de

depósitos e consignacións aberta no anteiror banco a nome deste xulgado, co número de conta citado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade no que se faga consta-la responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Asinado e rubricado. Cristina García Fernández».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa demandada Inversiones y Seguridad 2001, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente acta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia en Oviedo o vintecinco de setembro de dous mil tres.

Advírtese ó destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, agás as que revistan forma de auto ou sentencia, ou se trate de emprazamento.

O secretario xudicial

Rubricado