Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 30 de outubro de 2003 Páx. 13.449

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (351/2003).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 351/2003, por instancia de María Mar Raso Lemos e outros, contra a empresa Savecín, S.L., Asociados y Compañía Sociedad Comanditaria sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data do 25 de setembro de 2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que estimando a demanda formulada por María del Mar Raso Lemos, contra a empresa Savecín, S.L. Asociados y Compañía Sociedad Comanditaria, con

deno a esta a aboarlle-la cantidade de 2.737,71 euros, que lle debe en concepto de salarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Previndo á empresa demandada que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na conta corrente de consignacións código 4604.0000.60.0351.03 de Banesto (0030) desta cidade denominada Conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, sen os cales requisitos non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgándoo pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Savecín, S.L. Asociados y Compañía Sociedad Comanditaria, expido e asino a presente cédula na Coruña, 29 de setembro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado