Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 30 de outubro de 2003 Páx. 13.449

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (49/2001).

Luis Fernández Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, dou fe e testemuño de que na executoria de faltas número 49/2001, se dictou o presente auto, o cal na súa parte dispositiva di:

«Parte dispositiva.

Dispoño que procede declarar a José Ramón Baldomir Cotelo, insolvente penal na causa de que procede esta executoria substituíndo a pena de dous meses de multa con cota diaria de mil cincocentas pesetas, pola pena de 30 días de privación de liberdade que se vai cumprir en establecemento penitenciario.

Requírase ó condenado para que, de forma inmediata, manifeste se opta polo cumprimento da pena de trinta días de arresto continuado ou solicita que esta sexa substituída pola de arrestos de fins de semana, entendéndose que, no caso de non formular manifestación se procederá ó cumprimento da pena de arresto continuado.

Fagáselle saber que poderá liberarse da pena substitutiva imposta mediante o ingreso no prazo dun día da cantidade obxecto de execución (540,91 euros) na conta aberta a favor do Tesouro Público no Banesto número 1575-0000-78-49/2001, debéndoo acreditar ante o tribunal mediante a presentación do correspondente xustificante de ingreso».

E para que conste e sirva de notificación e requirimento en forma a José Ramón Baldomir Cotelo, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido a presente en Padrón o trinta de setembro de dous mil tres.

Luis Fernández Arias González

Secretario