Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 30 de outubro de 2003 Páx. 13.447

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO OITO DA CORUÑA

EDICTO (394/2000-A).

Pilar Cuenca Sánchez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número oito dos da Coruña, fai saber que no proceso de execución hipotecaria que se segue neste xulgado co número 394/00-A, promovido polo letrado da Xunta en representación do Instituto Galego da Vivenda e Solo, contra José Julio Franco Romero e Mª Dolores Gómez Rodríguez, sobre reclamación de cantidade e contía de 37.562,71 euros de principal, acordouse sacar a poxa pública, cando menos con vinte días de antelación o ben inmoble hipotecado, valoración e relación que se dirán nas datas e baixo as condicións que a continuación se relacionan:

Sinalamento da poxa.

Terá lugar o día dous de decembro, ás dez horas.

Prego de condicións xerais.

Primeira.-Para tomar parte na poxa os licitadores deberán cumpri-los requisitos seguintes:

1º Identificarse de forma suficiente.

2º Declarar que coñecen as condicións xerais e, se é o caso, as particulares, da poxa.

3º Presentar xustificante de que ingresaron na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, número 1.606, da entidade BBV, oficina 2.200, clave 18

de procedemento, número 394/00-A de procedemento, o aval bancario polo 30 por 100 do valor do ben.

4º Se o licitador realiza o depósito con cantidades recibidas en todo ou en parte dun terceiro, farase constar así no xustificante.

Segunda.-O executante soamente poderá tomar parte na poxa e mellora-las ofertas que se fagan, sen necesidade de consignar cantidade ningunha, se ben, non habendo ofertante ningún, pode pedi-la adxudicación do ben polo 50 por 100 do valor de taxación ou pola cantidade que se lle deba por tódolos conceptos.

Terceira.-Só o executante poderá facer oferta reservándose a facultade de cede-lo remate a un terceiro.

Cuarta.-Desde o anuncio ata a realización da poxa poderán facerse ofertas por escrito en sobre pechado, baixo as mesmas condicións que as sinaladas ata agora, conservándose pechados pola secretaria xudicial e sendo abertos ó inicio do acto, facéndose públicas coas demais e producindo os mesmos efectos cás que se realicen oralmente.

Quinta.-Para que se aprobe o remate, a mellor oferta será igual ou superior ó 70 por 100 do valor polo que o ben sae a poxa, o que se fará no mesmo día ou ó seguinte, por medio de auto, a favor do mellor ofertante, quen consignará na CDC a diferencia entre o depositado e o prezo total do remate no prazo de vinte días.

Sexta.-Se só se fan ofertas superiores ó 70 por 100 do valor polo que o ben sae a poxa, pero ofrecendo pagar a prazos con garantías suficientes, bancarias ou hipotecarias, o prezo aprazado, faranse saber así ó executante para que nos vinte días seguintes poida pedi-la adxudicación do ben polo 70 por 100 do valor de saída, pero se non fai uso dese dereito, aprobarase o remate a favor da mellor daquelas ofertas, coas condicións de pagamento e garantías ofrecidas nesta.

Sétima.-Cando a mellor oferta ofrecida na poxa sexa inferior ó 70 por 100 do valor de saída, poderá o executado, no prazo de dez días, presentar terceiro que a mellore ofrecendo cantidade superior á dita porcentaxe ou que, aínda sendo inferior a este, resulte suficiente para logra-la completa satisfacción do dereito do executante, baixo apercibimento de que, se non o fai, este poderá, no prazo de cinco días, pedi-la adxudicación do ben por aquel 70 por 100 ou pola cantidade que se lle deba por tódolos conceptos, sempre que esta sexa superior á mellor oferta, aprobándose o remate, se non fai uso desa facultade, a favor do mellor ofertante, sempre que a cantidade que ofrecese supere o 50 por 100 do valor de taxación ou, sendo inferior, cubra, alomenos, a cantidade pola que se despachara a execución, incluso xuros e custas.

Oitava.-En calquera momento anterior á aprobación do remate o da adxudicación ó acredor, segundo

o caso, poderá o debedor libera-lo seu ben pagando integramente o que deba ó executante por principal, xuros e custas.

Novena.-A certificación rexistral do ben inmoble que se saca a poxa, está de manifesto na secretaría deste xulgado, entendéndose que todo licitador acepta como bastante, se é o caso, a titulación existente.

Décima.-As cargas ou gravames anteriores, se os hai, ó crédito do executante continuarán subsistentes, instruíndose de que, polo feito de participar na poxa, o licitador os admite e acepta se o remate se aproba ó seu favor.

Prego de condicións particulares.

Tratándose dunha vivenda sometida ó réxime de protección oficial, a súa adxudicación, aínda que sexa en poxa pública, só pode facerse ás persoas que reúnan os requisitos establecidos no Decreto 98/1992, do 26 de marzo (DOG número 80, de 28 de abril) sobre adxudicación de vivendas de promoción pública, que basicamente son os de «acreditar uns ingresos ponderados anuais totais iguais ou inferiores a 2,5 veces o salario mínimo interprofesional» (art. 10.1º.1. do decreto), «residir habitualmente ou te-lo posto de traballo no municipio onde se sitúen as vivendas...» (art. 10.1º.2.), «carecer de vivenda en calidade de propietario, inquilino ou usufructuario, ou atoparse nalgunha das circunstancias sinaladas no artigo 10.1º.3 do referido decreto».

Ben inmoble que se vai poxar e a súa valoración.

Casa número catro (portal número catro).-Predio número sete.-Piso sexto, vivenda da superficie útil de setenta e sete metros e quince decímetros cadrados composta de estar-comedor, dormitorio principal, tres dormitorios, cociña, cuarto de baño, cuarto de aseo, corredor e vestíbulo. Linda (contemplado desde o terreo destinado a zona verde no interior do rueiro ou zona verde número 83 do Plan parcial) ó seu frente, o dito terreo, e entresollado da escaleira; dereita, coa unión da rúa peonil interior do rueiro na súa intersección coa estrada de circunvalación; esquerda, entresollado e escaleiras do edificio, os pisos correspondentes da man dereita do porta número tres; e polo fondo, coa rúa 18 do Plan parcial reformado. -Ten vinculado un cuarto trasteiro, situado na última planta do edificio, correspondéndolle o primeiro pola esquerda, de seis metros e trinta decímetros cadrados.-Cota de participación.-Quince centésimas.-Rexistro.-Tomo 1584, libro 609, folio 57, predio número 49097,

inscrición 1ª. O ben anterior, foi tasado na escritura de constitución da hipoteca na suma de 47.460,28 euros.

E para que así conste, para a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado e, se é o caso, nos demais lugares públicos de costume, expido, selo e asino este edicto na Coruña, un de setembro de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE PADRÓN