Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 30 de outubro de 2003 Páx. 13.447

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2003 pola que se nomea profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de fisioterapia, do departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde, a Eva María Lantarón Caeiro (praza 182/2001).

Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 20 de novembro de 2001 (BOE do 14 de decembro) para a provisión dunha praza de profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de fisioterapia, do departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde, en prol de Eva María Lantarón Caeiro con documento nacional de identidade número 76871123-V, e cumprindo a interesada os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Eva María Lantarón Caeiro, profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de fisioterapia, do departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous

meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado perante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado namentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 6 de outubro de 2003.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo