Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 30 de outubro de 2003 Páx. 13.451

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DE SANTANDER

EDICTO (38/2003).

Eu, Eloísa Alonso García, secretaria xudicial do Xulgado do Social número catro de Santander, fago saber que no procedemento de demanda 38/2003 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Francisco Javier González Gil, contra a empresa Seguranza Norte, S.L., sobre despedimento, dictouse a seguinte:

«Que, estimando o incidente de execución promovido por Francisco Javier González Gil contra Seguranza Norte, S.L. e Fogasa, debo declarar e declaro a extinción da relación laboral de Francisco Javier González Gil, na data da presente resolución, con dereito a percibir 2.530,92 euros en concepto de indemnización e 6.765,12 euros de salarios de tramitación».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Seguranza Norte, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente notificación para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

En Santander o trinta de setembro de dous mil tres.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentencia, ou se trate de emprazamento.

A secretaria xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA